mércores, 20 de novembro de 2013

O pasado luns 18 de novembro visitounos no cole o español que conqueriu máis medallas de ouro nuns Xogos Olímpicos ou Paralímpicos: Chano Rodríguez.
Trouxo algunha das súas medallas e tiven o privilexio de soster a primeira que gañou en Sidney 2000
Como exemplo de  traballo, constancia e afán de superación, mostrounos como cando queremos algo e temos claro o camiño, nada hai quen nos deteña.
Si queredes saber máis sobre a a vida e a traxectoria de este home extraordinario non tedes máis que picar no enlace:
http://www.canalplus.es/informe-robinson/padre/2010-2011//informe-robinson-octubre-2010-vidas-
chano/20101028pluutmdep_9/
Tanto eu como @s alumn@s do cole agradecemos a visita e esperamos que poida repetirse despois de Río 2016 e volva con máís "chapas"

Ningún comentario:

Publicar un comentario