luns, 25 de febreiro de 2013

Zancos

@s alumn@s de 4º de Primaria practicando cos zancos. Son casi uns especialistas.

luns, 18 de febreiro de 2013

Circo

Esta semana, e durante o que queda de trimestre, vamos dedicar as clases de E Física do segundo e terceiro Ciclo a actividades relacionadas co Circo. Malabares con panos e con pelotas, zancos, plato chinés, diábolos, cariocas, etc. 

Si queredes facer este tipo de cousas cos vos@s alumn@s e tedes algún reparo, recoméndovos 
o libro: Circo y Educación Física. Otra forma de aprender de Josep Ivernó i Curos, publicado en INDE.
Ó autor do libro o tiven como ponente en dúas ocasións en Vigo e foi que de trasmitir un gran entusiasmo por levar á escola este tipo de actividades

venres, 15 de febreiro de 2013

Aerobic 2

O día do Entroido  @s alumn@s do terceiro Ciclo de primaria fixeron unha pequena demostración do adestrado durante o último mes. Un número coa canción Call me maybe de Carly Rae Jepsen, que foi moi aplaudido polos compañeir@s e as nais e pais presentes.