mércores, 29 de abril de 2020

Actividades da Xunta de Galicia

http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa

Móvete connosco na casa


O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 

A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.

Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.

Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.

Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

Aquí están os enlaces aos vídeos:

https://youtu.be/RFIrNBUJwQo

https://youtu.be/_O9e4ji3ol8

https://youtu.be/u0vTvMh1I04

martes, 14 de abril de 2020

Abril

Despois das vacacións vamos repasar algunhas  das cousas que xa fixemos:

Infantil, 1º e 2º de Primaria:


  • Xogos con globos, manter no aire soprando, cunha raqueta que teñamos na casa( pinpón, badminton, tenis ou o que sexa).
  • Facer unha carreira de globos soprando polo chan
  • Igual cun vaso de iogurt.
  • Voltereta, con axuda  e nun sitio blandiño.
  • Saltar á comba.
  • Camiñar en equilibrio por encima de liñas pintadas con xiz no chan, pódense facer con cinta adhesiva.
  • Xogos de puntería: unha bola de papel a unha papeleira ou ás chapas a unha pequena portería.
  • Bailar. Podemos preparar coreografías e grabalas en vídeo.
  • Facer un circuíto de obstáculos por baixo das sillas ou nos sofás, sin que haxa perigo nin estropear nada. 
  • Fabricar uns zancos como os da clase cun bote de lata e unha corda.

3º,4º,5º e 6º de Primaria:


  • Malabares: cada un o que saiba, con unha ,dúas ou tres pelotas:
  • https://www.youtube.com/watch?v=HTylO_MlhhE este vídeo está moi ben para recordar os exercicios de malabares. Si non sodes capaces, podedes coller tres panos de aproximadamente 20x20 cm e facer os mesmos exercicios.
  • Para non perder a forma física hay que facer exercicios que movan todos os grupos musculares: sentadillas, flexións, abdominais, plancha, burpees, trote no sitio, paso do rei, zancada laterais, etc. 
  • Lembrade facer o movemento articular antes de empezar, e os estiramentos ó acabar. Vede o post anterior si non os lembrades.
  • En total: movemento articular, exercicios diversos e estiramentos debe durar uns 30 minutos. Dúas veces por semana.
  • Bailar, volteretas no chan ( suelo blandiño e sin perigo), circuítos de obstáculos, ou todo o que se vos ocurra.
  • Si algún ten bici estática, cinta de correr ou elíptica, non deixedes que colla polvo, hai que usala.
  • Usa videoxogos para facer exercicio físico: EA Sports Active 2, Fit in Six y Nike+ Kinect Training.
  • Hai que manterse en movemento que hai tempo para todo.

E lembrade familias, a Educación Física é moi importante nas nosas vidas si non queremos ter unha xeración de persoas sedentarias. Cada día hai que facer algunha actividade física e así, cando venzamos ao COVID-19, poderemos saír á rúa sans e sen kilos de máis.
Unha última cousa: coidado ca neveira, non comer demais, e tomar alimentos sans.