martes, 16 de setembro de 2014

Novo curso

Ola! Que tal o verán? Espero que todo fora moi feliz para vos, as vosas familias e amigos.
Este novo curso comeza con algunhas novidades, empeza a aplicarse a LOMCE e temos dous cursos xuntos: 2ª e 3º. Coma xa sabedes a partires de 3º @s alumn@s duchábanse despois da clase, como agora están xuntos  @s alumn@s de 2º tamén se ducharán.
Teñen que traer unha toalla e as chanclas para evitar a proloferación de fungos, tamén unha camiseta e a roupa interior de recambio. Non é convinte que se muden de toda a roupa, é engorroso para eles e elas, e é máis doado que perdan prendas de roupa. @s nenos e, sobre todo, nenas que teñen o pelo longo é mellor que traian un gorro de ducha, así non mollan a roupa ó vestirse pois non hai secador.
Preferimos que non traian champús, colonias, desodorantes nin gominas; hai xabón nos vestiarios e, salvo algún problema médico usarán este.
Si algún día non se poden duchar ou participar na clase de E.F. mandade unha nota xustificante.
@s alumn@s de Infantil e 1º cuso de Primaria teñen que traer chandal de zapatillas de deporte os días de E.F.
O horario das clases de E,F, é o seguinte:

INFANTIL 3 e 4 ANOS. : Martes e Mércores
INFANTIL 5 ANOS: Mércores e Venres
PRIMARIA 1º: Luns e Mércores
PRIMARIA 2º e 3º: Martes e Venres
PRIMARIA 4º: Luns e Xoves
PRIMARIA 5º: Luns e Xoves
PRIMARIA 6º: Mércores e Venres.

Para calquer duda ou aclaración  non dubidedes en contactar comigo no cole ou por teléfono.
Grazas e feliz Curso.