luns, 18 de maio de 2020

DAFIS

Ola a tod@s:

Estou seguro que estades en plena forma  e seguindo as clases que cada semana subo ao blogue de Educación Física, que está na páxina web do cole.
Esta semana vouvos pedir un pequeno favor e que me axudedes cos probas DAFIS. Xa sei que non imos  poder facer as do terceiro trimestre, xa sei que estades moi tristes por non poder facer a proba de flexibilidade ou a Course-Navette, pero hai algunha que si podedes facer e a min axudaríame  moito. As que podemos facer en casa sen problemas son: peso, altura, perímetro de cintura e perímetro de cadeira. Para elas so necesitamos unha báscula e unha cinta métrica.
O peso e a altura, descalzos por favor,  o perímetro de cintura sobre o embigo e o perímetro de cadeira sobre os glúteos, el@s xa saben por onde vai.

Poñedes en comentarios a esta entrada o voso nome, o curso e as catro cifras:
Peso
Altura
Perímetro de cintura  
Perímetro de cadeira 
Moitas grazas pola vosa axuda. Vémonos axiña!

Ningún comentario:

Publicar un comentario