Infantil, 1º e 2º de Primaria:
- Xogos con globos, manter no aire soprando, cunha raqueta que teñamos na casa( pinpón, badminton, tenis ou o que sexa).
- Facer unha carreira de globos soprando polo chan
- Igual cun vaso de iogurt.
- Voltereta, con axuda e nun sitio blandiño.
- Saltar á comba.
- Camiñar en equilibrio por encima de liñas pintadas con xiz no chan, pódense facer con cinta adhesiva.
- Xogos de puntería: unha bola de papel a unha papeleira ou ás chapas a unha pequena portería.
- Bailar. Podemos preparar coreografías e grabalas en vídeo.
- Facer un circuíto de obstáculos por baixo das sillas ou nos sofás, sin que haxa perigo nin estropear nada.
- Fabricar uns zancos como os da clase cun bote de lata e unha corda.
3º,4º,5º e 6º de Primaria:
- Malabares: cada un o que saiba, con unha ,dúas ou tres pelotas:
- https://www.youtube.com/watch?v=HTylO_MlhhE este vídeo está moi ben para recordar os exercicios de malabares. Si non sodes capaces, podedes coller tres panos de aproximadamente 20x20 cm e facer os mesmos exercicios.
- Para non perder a forma física hay que facer exercicios que movan todos os grupos musculares: sentadillas, flexións, abdominais, plancha, burpees, trote no sitio, paso do rei, zancada laterais, etc.
- Lembrade facer o movemento articular antes de empezar, e os estiramentos ó acabar. Vede o post anterior si non os lembrades.
- En total: movemento articular, exercicios diversos e estiramentos debe durar uns 30 minutos. Dúas veces por semana.
- Bailar, volteretas no chan ( suelo blandiño e sin perigo), circuítos de obstáculos, ou todo o que se vos ocurra.
- Si algún ten bici estática, cinta de correr ou elíptica, non deixedes que colla polvo, hai que usala.
- Usa videoxogos para facer exercicio físico: EA Sports Active 2, Fit in Six y Nike+ Kinect Training.
- Hai que manterse en movemento que hai tempo para todo.
E lembrade familias, a Educación Física é moi importante nas nosas vidas si non queremos ter unha xeración de persoas sedentarias. Cada día hai que facer algunha actividade física e así, cando venzamos ao COVID-19, poderemos saír á rúa sans e sen kilos de máis.
Unha última cousa: coidado ca neveira, non comer demais, e tomar alimentos sans.

Ningún comentario:
Publicar un comentario